Allegue avanza en Narón a licitación das obras de 14 vivendas de promoción pública en Freixeiro por 1,6 M€ nun edificio cunha planta inicialmente destinada a oficinas

Allegue avanza en Narón a licitación das obras de 14 vivendas de promoción pública en Freixeiro por 1,6 M€ nun edificio cunha planta inicialmente destinada a oficinas

A conselleira fai fincapé no exemplo desta promoción do bo funcionamento das medidas normativas da Xunta para facilitar a conversión de locais en vivendas, o que lle permite ter xa en marcha un total de 27 fogares mediante esta fórmula

As empresas interesadas no contrato poderán presentar ofertas ata o 24 de abril

Indica que a Xunta ten como obxectivo que as 14 vivendas sexan realidade no 2027, todas vez que o prazo de execución previsto para esta obra é de 12 meses

Salienta que tamén as outras actuacións previstas no municipio, como as 91 vivendas públicas que a Xunta prevé construír en dúas parcelas cedidas polo Concello, en fase de redacción de proxecto e que se executarán mediante técnicas industrializadas