Allegue destaca o papel clave da enxeñaría na planificación das infraestruturas e a cooperación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Allegue destaca o papel clave da enxeñaría na planificación das infraestruturas e a cooperación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Puxo en valor a colaboración da Consellería co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, baseada na lealdade institucional e no respecto ao criterio técnico, “con proxectos concretos que están a transformar Galicia”

Fixo fincapé en que “se avanza mellor cando se fai de maneira conxunta, con planificación, colaboración leal e vocación de servizo público”

Reiterou ao Goberno central a necesidade do rescate e transferencia da AP-9, unha autoestrada estatal que vertebra a comunidade galega