Allegue entrega unha nova vivenda de protección autonómica rehabilitada polo  Consorcio Casco Vello de Vigo

Allegue entrega unha nova vivenda de protección autonómica rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo

Allegue destacou a recuperación urbana e revitalización do casco vello, “que estamos a encher de vida” a través das rehabilitacións do Consorcio

Desde a creación da entidade hai 20 anos foron adquiridos 93 inmobles no casco vello, dos que 79 deles xa están rehabilitados e deron lugar a 140 vivendas

O Plan de Actuación ata 2030 contempla un investimento da Xunta de 7,1M€ para rehabilitar outros 25 inmobles