Allegue: “Pedimos ao Ministerio que o Plan Estatal impulse a construción e o desenvolvemento de solo residencial, claves para afrontar o déficit de vivenda”

Allegue: “Pedimos ao Ministerio que o Plan Estatal impulse a construción e o desenvolvemento de solo residencial, claves para afrontar o déficit de vivenda”

O documento que presenta o Goberno central non foi consensuado coas comunidades, polo que a Xunta solicitou hoxe unha reunión bilateral co Ministerio, previa á Conferencia Sectorial para que inclúan as reivindicacións de Galicia, trasladadas en decembro do 2024

Allegue remarcou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda, pero non pode ser que só a Xunta constrúa e cómpre incentivar o sector

Reivindicou que ao abeiro deste plan estatal debe haber un programa para financiar a adquisición e urbanización de solo residencial destinado a vivenda protexida, tamén en réxime de venda, non só de alugueiro

O Executivo obriga a cofinanciar o plan cunha aportación mínima do 40%, quintuplicando a achega da Xunta, un esforzo que Galicia pode asumir, pero ante un programa consensuado

Allegue manifestou a inquedanza da Xunta polos retrasos no plan, que dificilmente será aplicable en 2026, o que supón irresponsabilidade na xestión pública