A conselleira subliñou que o Goberno galego ten en marcha a construción de 400 vivendas públicas utilizando este mecanismo que evita varios dos procesos construtivos
Citou o uso de técnicas industrializadas en edificios de Xuxán, na Coruña; e destacou a utilización da madeira como material principal no centro de saúde de Abegondo
Remarcou o respecto medioambiental acadando vivendas eficientes enerxéticamente, con sistemas de bombas térmicas, aerotermia e de recuperación de calor
Fixo fincapé no compromiso co rural, incentivando tanto a compra como a rehabilitación de vivendas en concellos pequenos a través de liñas de axudas autonómicas
