A xornada celebrada na Cidade da Cultura abordou as medidas de axilización e flexibilización para o impulso da vivenda, o desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida, a colaboración e cooperación da Xunta co sector e os concellos e o plan de impulso da construción industrializada
Incidiuse nas modificacións normativas adoptadas para facilitar a promoción de vivenda protexida, centradas en axilizar a dispoñibilidade de solo urbanizado, incrementar as vivendas protexidas e o parque público, redución dos trámites burocráticos e impulso de solucións innovadoras
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas pon en valor a cooperación cos concellos e o sector e pide “non baixar a garda” no traballo conxunto para seguir facilitando o acceso á vivenda
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destaca que Galicia é a comunidade con menor tributación para comprar unha vivenda habitual no rural e na que menos impostos pagan os colectivos prioritarios
