Ana Ortiz destaca os avances no barrio de Navia con 163 vivendas de promoción pública con obra adxudicada e  outras 153 licitada

Ana Ortiz destaca os avances no barrio de Navia con 163 vivendas de promoción pública con obra adxudicada e outras 153 licitada

A delegada territorial en Vigo visitou este xoves a parcela MV-4 do polígono 2 de San Paio de Navia onde se construirán 55 novas vivendas

O Goberno galego financiará con fondos propios a licitación da redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra cun investimento de 440.000€

Neste ámbito da cidade de Vigo están en marcha 755 vivendas públicas, en distintas fases de execución, e investimentos que superan os 111 M€