As axudas da Xunta posibilitan a rehabilitación de 32 vivendas de titularidade municipal, cun investimento de 1,8M€

As axudas da Xunta posibilitan a rehabilitación de 32 vivendas de titularidade municipal, cun investimento de 1,8M€

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou que o crédito, un 45% superior respecto ao pasado ano, esgotouse antes de finalizar o prazo de presentación de solicitude

Allegue salientou que este ano rehabilitaranse 32 vivendas espalladas nunha vintena de concellos, e entre 2017 e 2025 a Xunta concedeu axudas para de preto de 300 vivendas a 106 concellos, por un importe de 12M€

A conselleira destaca a aposta do Concello de Chandrexa de Queixa para recuperar antigas vivendas de traballadores do encoro da localidade a través destas axudas, tras visitar tres inmobles renovados na vila de Celeiros, ás que se engaden a outras 3 vivendas que se recuperarán ao abeiro das axudas deste ano