As axudas da Xunta posibilitan a rehabilitación de 8 vivendas de titularidade municipal en Rianxo para alugueiro accesible

As axudas da Xunta posibilitan a rehabilitación de 8 vivendas de titularidade municipal en Rianxo para alugueiro accesible

M. Allegue salientou que o Goberno galego concedeu achegas que suman máis de 250.000 € para a rehabilitación dos 2 edificios que albergan estes fogares en Rianxo

As vivendas adxudícanse en réxime de alugueiro accesible para veciños e residentes na localidade

A conselleira destaca a aposta do Concello de Rianxo por recuperar antigos fogares de mestres a través destas axudas