As obras de mellora do firme na LU-021 en Lugo farán necesarios cortes de tráfico diúrnos a partir de mañá

As obras de mellora do firme na LU-021 en Lugo farán necesarios cortes de tráfico diúrnos a partir de mañá

Os traballos nesta vía que dá acceso ao Hospital Universitario Lucus Augusti suporán o corte total en ambas calzadas entre as 8 e 20 horas dos días 20, 21, 22, 28 e 30 de outubro

As tarefas realizaranse por fases, garantindo sempre o paso de vehículos de emerxencias e autobuses urbanos e regulares cuxas rutas inclúan o HULA

O resto de usuarios deberán utilizar rutas alternativas a través da autovía A-6 coa saída 493, a LU-530 e a N-640, en función das zonas de afección de cada fase