O responsable de Xuventude do Goberno galego subliña o “éxito” desta iniciativa, “como reflicten as 3.700 peticións recibidas, 1.300 no día da apertura do prazo”
Lembra que estas axudas colaboran nos primeiros gastos do fogar da xente moza que se dan á hora de independizarse, sexa nunha vivenda alugada ou de propiedade
Salienta que se destinan 2 M€ a esta liña de apoio que se complementa con outras medidas recollidas no Plan estratéxico de xuventude 2025-2027 con 700 M€
Destaca que xa está aberta a inscrición no novo programa ‘Galicia Moza con Alma’ con estadías en países europeos para rapazada en situación de vulnerabilidade
Confirma a futura construción de residencias xuvenís nas cidades da Coruña, Ferrol, Pontevedra e Santiago, que non contan con elas, e suporán 500 prazas máis
Avanza que este verán se volverá contar cunha partida para colaborar nos custos que supón a obtención do carné de conducir