Allegue fixo balance dos avances en materia de vivenda nos dous anos do actual Goberno autonómico e sinalou que xa están en marcha as 4.000 vivendas públicas comprometidas para a lexislatura en Galicia, das que 1.000 están en Vigo
Criticou o escaso apoio ás comunidades do Plan Estatal de Vivenda, que “chega sen consenso, foi imposto ás comunidades e conta cun financiamento insuficiente”
Puxo en valor a recente aprobación do plan de impulso á vivenda protexida, con medidas para que máis familias poidan optar a vivenda pública e para incentivar a ao sector a construír vivenda protexida
