O delegado territorial explicou que estas liñas de achegas da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, financiadas exclusivamente con fondos propios da comunidade autónoma, ofrecen achegas de ata 15.000€ no caso das de centros históricos e de ata 20.000€ para vivenda protexida
Manuel Pardo recalcou que poderán solicitar estas axudas as persoas que teñan adquirido as súas vivendas desde o pasado 15 de outubro do pasado 2025 ata o 15 de outubro deste 2026.
O representante o Goberno galego destacou que na provincia de Ourense o ano pasado, foron 7 as persoas beneficiarias das achegas de adquisición en centros históricos e 8 as que recibiron axuda para compra de vivenda protexida, cun importe total de máis de 152.000 euros
