Manuel Pardo informa sobre a primeira orde da Xunta para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

Manuel Pardo informa sobre a primeira orde da Xunta para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

O delegado territorial destacou que esta iniciativa busca dar resposta tanto ás necesidades de man de obra do tecido produtivo como ás de acceso á vivenda das persoas traballadoras, ao tempo que se avanza na fixación de poboación e na vertebración do territorio co foco nos municipios de menos de 20.000 habitantes

Manuel Pardo explicou que a orde consta de dúas liñas: a primeira orientada a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda dirixida a concellos, con axudas máximas previstas de ata o 95% do orzamento da rehabilitación

O prazo para solicitar as axudas, froito da iniciativa conxunta das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, estará aberto ata o vindeiro 15 de xullo