Manuel Pardo louva o programa ‘Fogar Vivo’ da Xunta para mobilizar vivendas baleiras da provincia de Ourense en réxime de alugueiro accesible

Manuel Pardo louva o programa ‘Fogar Vivo’ da Xunta para mobilizar vivendas baleiras da provincia de Ourense en réxime de alugueiro accesible

O delegado territorial destacou que na convocatoria anterior concedéronse 239 axudas por un importe de preto de 1,3M€ en  Galicia e máis de 184.000€ na provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que os propietarios que se acollan a esta iniciativa poden contar con contías máximas de ata 16.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán para rehabilitación e mellora da vivenda

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o vindeiro 3 de xuño e realizaranse preferiblemente por vía electrónica, aínda que tamén se poderá efectuar de xeito presencial, dirixíndose e ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

O programa ‘Fogar Vivo’ da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas está dotado dun orzamento de máis de 2,8M€ para este ano e un total de 5,7M€ ata 2028