Manuel Pardo pon en valor a aposta da Xunta por revitalizar os concellos rurais a través das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas

Manuel Pardo pon en valor a aposta da Xunta por revitalizar os concellos rurais a través das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas

O delegado territorial informou á alcaldesa desta localidade que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria dirixida aos concellos con menos de 30.000 habitantes para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social, dotada con máis de 2,1M€

Tamén resaltou que na orde deste ano a contía das axudas increméntase nun 30%, de xeito que o importe máximo que se concederá para cada vivenda pasa dos 50.000€ aos 65.000€. O importe da axuda poderá acadar o 95% do custe da rehabilitación, sen superar a contía máxima

O representante do Goberno destacou que o Goberno galego ten aberto o prazo dun novo programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural dirixido a persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ou locais situados en concellos de menos de 5.000 habitantes, cun orzamento bianual de 5M€

A intensidade das axudas para os particulares, cubrirá ata o 75% das obras, cun importe máximo de 30.000€, e as obras que se poderán acometer con estas achegas no marco da rehabilitación inclúen traballos de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sostibilidade e eficiencia enerxética