Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta cos concellos rurais a través das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas

Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta cos concellos rurais a través das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas

O delegado territorial destacou que na provincia e Ourense a Xunta concedeu, en 2026, axudas a 14 novas vivendas en 8 concellos por máis de 880.000 euros; actuacións “que son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns”

Manuel Pardo explicou que esta edificación contou ademais cun préstamo por un importe total de 28.000€ do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A vivenda, cunha superficie de 127 metros cadrados, consta dun espazo de catro dormitorios, dous baños e un aseo, xunto cun espazo que responde a un salón comunicado coa cociña e o vestíbulo de entrada