Allegue detallou que a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia está a traballar para que todas estas vivendas estean contratadas e coas obras en marcha en 2026
Indicou que esta sociedade, desde que iniciou a súa actividade en xaneiro, está a ser clave na promoción de vivenda pública e na xestión de solo residencial
Sinalou que este ente vai promover 2.350 vivendas públicas ata 2028 e conxuntamente co Instituto de Vivenda e Solo de Galicia, avanzará no obxectivo de duplicar o actual parque de vivenda pública nesta lexislatura
Destacou que Vipugal conta con acordo para a cesión de solos dos concellos da Coruña, Pontevedra, Lugo, Teo, Lalín e A Estrada con capacidade residencial para máis de 350 vivendas e avanza nas xestións con outros municipios
Criticou a lentitude na constitución da empresa pública de vivenda anunciada polo Goberno en decembro e da que se descoñece cando botará a andar e con que programación de vivendas