A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas clausura as xornadas “La Galicia que viene” organizadas por El Español na Coruña, nas que se debateu sobre o futuro da comunidade, da man de expertos e representantes de diversos sectores económicos
A conselleira trasladou que en tan só un ano de lexislatura se ten avanzado moito en materia de vivenda e destacou que a Xunta xa ten marcha 2.200 vivendas públicas, ademais, se constituíu a nova Sociedade de Vivenda Pública (VIPUGAL) que ten xa en distintas fases de execución 1.200 fogares, se levaron adiante cambios normativos e fiscais para desburocratizar e axilizar os procesos de construción, e se aprobaron un importe feixe de medidas para incentivar ao sector ou axudas para particulares para facilitar a adquisición de vivenda
Allegue destacou os acordos cos diferentes concellos de Galicia para acadar máis parcelas onde construír vivenda protexida e as medidas impulsadas polo Goberno galego para dar máis capacidade económica e técnica ás entidades locais