A Xunta adxudica por 240.000 euros as obras de mellora da accesibilidade da rúa Rocha de Vélez, en Mondoñedo, enmarcadas no Plan Hurbe
A intervención busca mellorar a accesibilidade á zona dos Castros desde a rúa Rocha de Vélez, facilitando o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura A rúa Rocha de Vélez forma parte tamén do ámbito da Área Rexurbe de Mondoñedo, a primeira declarada en Galicia no…



