O Goberno galego destina un orzamento de 61.000€ ao desenvolvemento deste convenio, incrementando a dotación con respecto a anos anteriores
Esta colaboración inclúe desde o ano pasado o servizo de intermediación entre grandes tenedores e persoas en risco de desaufizamento en situación de vulnerabilidade
Este servizo de intermediación, a través do Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe e os colexios da avogacía de Galicia, xa atendeu en 9 meses uns 53 casos
O convenio tamén abrangue servizo de asesoramento xurídico, que informa sobre os dereitos e obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria
Este servizo tamén proporciona orientación ás persoas propietarias ou usufrutuarias que se vexan afectadas por ocupacións ilegais das súas vivendas