O delegado territorial explicou que a nova convocatoria vai dirixida a prestar apoio aos concellos de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar ás unidades de convivencia e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade
Estas subvencións tamén terán por obxecto permitir aos concellos de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia
O representante do Goberno galego detallou que o importe da achega será do 95 % do custo da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda, e o prazo de presentación de solicitudes comezará o próximo 27 de xaneiro e rematará o 3 de xuño ou, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.