O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Parada de Sil a rehabilitación dunha edificación na Hedrada para vivenda accesible

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Parada de Sil a rehabilitación dunha edificación na Hedrada para vivenda accesible

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará esta actuación cun préstamo de 90.000€ do Fondo de Cooperación para rehabilitación de patrimonio construído dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes

Acadarase unha vivenda de tres dormitorios que o Concello ofrecerá unha vez rehabilitada en alugueiro accesible

A través desta actuación, o Concello busca incrementar a oferta pública residencial