O Fondo de Cooperación da Xunta permite ao Concello de Curtis a recuperación e posta en valor de dúas edificacións da avenida Doutor Martínez Pardo para destinalas a usos sociais e culturais

O Fondo de Cooperación da Xunta permite ao Concello de Curtis a recuperación e posta en valor de dúas edificacións da avenida Doutor Martínez Pardo para destinalas a usos sociais e culturais

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará a adquisición das edificacións situadas no número 14 e 12 desta avenida, cun préstamo total de 330.000 € do Fondo de Cooperación, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

O prazo para solicitar este préstamo sen xuros fondo rematará o vindeiro 15 de outubro