O incremento dos límites máximos dos indicadores IPREM para que máis familias accedan a vivendas protexidas entra en vigor mañá

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia á resolución cos novos tramos do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem) de modo que os limites de ingresos para o acceso á vivenda protexida son superiores ao salario medio en Galicia

O teito de renda para o acceso dunha parella cun fillo á unha vivenda de promoción pública (VPP) ou Vivenda de Protección Autonómica (VPA) de réxime especial se incrementa ata 3 veces o Iprem: 31.500€  (2.625€ mensuais brutos)

No caso de VPA de réxime xeral estes importes máximos de renda anual, para a mesma tipoloxía de familia e mesmo tipo de inmoble, pasará dos 47.250€ brutos aos 52.500€ anuais 

Manterase o tramo de ingresos ponderados para o acceso á VPA en réxime concertado, de ata 6,5 veces o Iprem, 68.250€ brutos anuais