O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo reiterou que a Xunta asumirá o cofinanciamento do plan nun 40%, o que supón quintuplicar a achega autonómica
García Porto recriminou a López Font que non sexa quen de apoiar as reivindicacións da Xunta para acadar un Plan Estatal de vivenda adaptado as necesidades de Galicia
Manifestou que o documento xa vai con retraso, polo que pode non estar operativo antes do segundo semestre do ano 2026
Fixo fincapé en que a Xunta ten en execución preto de 3.000 vivendas de promoción pública, das que ningunha recibiu fondos estatais
