Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública

Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública

A delegada territorial de Xunta visitou este luns a parcela M-IIIB-1 na que se licitará o novo proxecto por un importe de 5.576.340 euros

Disporá de 13 vivendas de dous dormitorios (unha delas adaptada para o uso por persoa con mobilidade reducida), 10 de tres dormitorios e 3 de catro dormitorios