Xestur bate un récord histórico ao incrementarse un 36 por cento o seu presuposto e situarse nos 45,66 M€
Será novidade o programa Galicia Industria 360, que ofrecerá naves preparadas para reducir os prazos de implantación de novas empresas
A Iesda cuadriplica os apios ás empresas: pasan de 1,93 M€ a 7,25 M€; e destina 12,13 M€ a incentivar o desenvolvemento tecnolóxico
O orzamento para innovación do Igape (46 M€) enfocaranse en potenciar a innovación industrializada para fomentar a fabricación de produtos e servizos tecnolóxicos en Galicia e a súa comercialización
No ámbito enerxético (Inega), destinaranse 40,54 M€ a apoiar os investimentos de empresas, entidades e familias e a impulsar o autoconsumo e o almacenamento
Mantense a aposta pola construción en madeira na Xera, coa rehabilitación do Pazo de Lourizán como principal actuación (6M€)
