Increméntase ata os 240.000 euros, con 30.000 euros máis por cada membro adicional da unidade familiar, o teito de patrimonio para acceder á bonificación do Imposto de Transmisións Patrimoniais do 8% ao 3% (ao 0% en zonas pouco poboadas)
As familias monoparentais poderán por primeira vez beneficiarse desta rebaixa fiscal, xunto ás persoas menores de 36 anos, as familias numerosas e as mulleres vítimas de violencia de xénero
Deste xeito, o 95% das compras de vivenda por parte destes colectivos poderían acollerse á bonificación
Sinala que o PIB previsto para 2025 elévase ata o 2,5% e que a taxa do paro baixa ata o 8,3%
Lembra que mañá o Consello da Xunta aprobará os orzamentos para o 2026, en tempo e forma, como nos últimos 17 anos