Asegura que “todas as persoas con dereito ás axudas van recibilas”, sen límite de importe total
Habilitaranse indemnizacións por danos físicos a consecuencia dos lumes que chegarán aos 87.500 € no caso de falecemento
Os propietarios de vivendas afectadas poderán recibir ata 132.000 € para a súa rehabilitación no caso de ser o domicilio habitual e ata 66.000 € para segundas residencias
Tamén haberá achegas de ata 16.200 € para repoñer o mobiliario ou os utensilios domésticos
O Consello aproba medidas específicas para paliar as perdas na colleita de viticultores e produtores de castaña e resto de produción agrícola ou a morte de gando e abellas
Os titulares de establecementos comerciais, industriais e turísticos afectados poderán recibir ata 600.000 € en axudas, salvo en casos excepcionais nos que poderá ampliarse ata un máximo de 1,5 M€
A Xunta colaborará cos concellos na reparación de instalacións municipais e servizos afectados, así como nos gastos incorridos nos labores de extinción ou pola evacuación dos veciños
O Goberno autonómico poñerá en marcha medidas de alivio fiscal para os afectados