Rueda anuncia que neste primeiro trimestre a Xunta terá convocadas todas as axudas de vivenda do 2026

Rueda anuncia que neste primeiro trimestre a Xunta terá convocadas todas as axudas de vivenda do 2026

Convocaranse novas achegas por valor de 2 M€ para acceder a unha vivenda en propiedade cun máximo de 20.000 euros por fogar

Subliña o compromiso de construír 4.000 vivendas públicas na presente lexislatura e de chegar a 10.000 no ano 2030, das cales 3.000 xa se atopan en diferentes fases de execución

Reclama máis recursos ao Goberno central para paliar o problema da vivenda coa posta en marcha do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, que aínda non entrou en vigor