Trátase de fomentar a vida “nos municipios de menos de 5.000 habitantes” a través de axudas “para rehabilitar e rematar vivendas inacabadas” ou transformar locais en fogares
Destaca que as vivendas reformadas deberán destinarse “a residencia habitual ou ao alugueiro durante polo menos 5 anos”
Os beneficiarios poderán recibir ata 30.000 € por vivenda para melloras de conservación, accesibilidade ou eficiencia enerxética
Nos próximos días publicarase no DOG a primeira convocatoria, dotada cun orzamento de 3 M€, que permanecerá aberta ata o 1 de setembro de 2026
As vivendas que se rehabiliten para o alugueiro incorporaranse de facto no programa Fogar Vivo da Xunta, que ten como obxectivo a posta no mercado de alugamento, a prezos accesibles
Estes incentivos serán compatibles coas axudas para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas ou seguros multirrisco do programa Fogar Vivo, e coas de adquisición de vivenda na comunidade
