Rueda asina en Pontevedra un convenio que permitirá a construción de 118 novas vivendas públicas máis no concello

Rueda asina en Pontevedra un convenio que permitirá a construción de 118 novas vivendas públicas máis no concello

As novas promocións veñen complementar un conxunto de actuacións que inclúe xa 132 vivendas entregadas e 182 en marcha, para un total de 432 vivendas públicas neste ámbito urbano

Hoxe mesmo publícase a licitación da dirección de obra e proxecto para a construción de Valdecorvos, que inclúe 54 vivendas por un valor estimado de 10,3 millóns de euros

Reitera que a Xunta marcou como obxectivo de lexislatura duplicar o parque público de vivenda pasando de 4.000 a 8.000 vivendas protexidas, das cales máis de 2.000 xa están en execución ou tramitación