Subliña que “se concentran os esforzos onde hai unha maior demanda” e Vigo é a cidade galega na que o Goberno autonómico está a promover máis inmobles de promoción pública
Resalta que a Xunta acaba de licitar as obras para construír 172 novas vivendas en Navia, onde xa están en construción 309
O Goberno galego ten comprometidos 248 M€ para San Paio de Navia
Salienta que ademais se traballa para desenvolver solo “no que construír 3.400 inmobles”, a maioría protexidos, na zona de Lavadores e Ramón Nieto
O II Pacto da Vivenda, dotado de 2.000 M€, busca que o parque público residencial de Galicia chegue ás 10.000 vivendas en 2030
