Rueda destaca o acordo co Concello de Sanxenxo para o desenvolvemento dun novo PIA que permitirá a construción dunhas 350 vivendas en Vilalonga

Rueda destaca o acordo co Concello de Sanxenxo para o desenvolvemento dun novo PIA que permitirá a construción dunhas 350 vivendas en Vilalonga

Subliña o “esforzo conxunto” para desenvolver esta iniciativa, orientada a incrementar a oferta de vivenda accesible destinada a primeira residencia

A gran maioría dos novos fogares serán protexidos e prestarase especial atención á mocidade e aos colectivos máis vulnerables

Esta actuación súmase ás dúas parcelas situadas en Noalla e na rúa das Cunchas, cedidas anteriormente de xeito gratuíto polo Concello, nas que a Xunta ten previsto construír outras 65 vivendas de promoción pública