Destaca que en 2026 se licitan 392 vivendas públicas baixo este modelo cun investimento de máis de 74 millóns de euros
Sinala que esta técnica permite facer fronte a un dos grandes retos do sector como é a falla de man de obra especializada, así como construír fogares con maior calidade, previsión e eficiencia
Pon en valor o papel do Clúster da Construción de Galicia, co que o Goberno galego traballa na elaboración do Plan Director da Industria da Construción, que se prevé aprobar ao longo deste ano, e no Plan de Impulso de Técnicas Industrializadas
