Un total de 35 concellos solicitan en tan só 4 horas as axudas da Xunta para rehabilitar edificios de titularidade municipal con destino a 64 vivendas protexidas

Un total de 35 concellos solicitan en tan só 4 horas as axudas da Xunta para rehabilitar edificios de titularidade municipal con destino a 64 vivendas protexidas

O Goberno galego destina un orzamento bianual de 2,1M€ a esta nova convocatoria e os concellos poden solicitar as axudas desde hoxe ata o 3 de xullo ou ata esgotamento do crédito orzamentario

Como novidade, a contía das achegas desta liña, dirixida aos concellos de menos de 30.000 habitantes, increméntase nun 30% e o importe máximo pode acadar 65.000€, e 68.000€ no caso de que vivenda se atope en área Rexurbe, nas ARI dos Camiños de Santiago e Ribeira Sacra ou nun centro histórico declarado

As vivendas resultantes, destinadas a alugueiro accesible, terán cualificación pública permanente