FERROL
PARCELA 13. O BERTÓN

INVESTIMENTO TOTAL (provisional):
Proxecto
- Licitado: 16/09/2024
- Importe Lic.: 412.505,88 €
- Adxudicado: 11/03/2025
- Importe Adx.: 328.999 €
Traballos técnicos
- Importe Lic.: 328.849,25 €
- Importe Adx.:
Obra
- Licitado: 30/01/2026
- Importe Lic.: 8.121.870,27 €
- Adxudicado: pendente
- Importe Adx.:
INVESTIMENTO
Xunta: 100%
PROXECTO
UTE Anta-Bog
CONSTRÚE
Pendente de adxudicar
Descripción da obra:
O edificio contará con dous bloques continuos diferenciados de altura (de 4 e 5 plantas), ambos con cuberta plana, cumprindo coa continuidade das liñas de cornixa establecida na ordenación do plan parcial.
A composición das fachadas corresponde a criterios de ordenación e funcionalidade das vivendas, achegando dinamismo a un volume rotundo para lograr proxectar as 49 vivendas propostas: rompe a planitude dos cerramentos con entrantes e saíntes nas fachadas sureste e suroeste.
Distribución e usos:
Nas plantas baixas os soportais ordenados pola planificación do polígono xeran espazos porticados continuos ao longo das rúas peatonais que serven de acceso ás vivendas.
A altura do edificio é de catro e cinco plantas, cunha planta soto baixo rasante.
Os usos previstos distribúense por plantas, dispóndose os garaxes e rochos na planta soto, as vivendas nas plantas superiores e reservando os espazos de planta baixa para rochos e outros usos comerciais distintos dos residenciais.
A característica esencial do edificio é a dobre orientación que ofrece: ao patio e ao espazo público. A proposta traslada esta característica esencial ás vivendas, proxectando todas as vivendas da parcela con dobre orientación.
| 2 DORMITORIOS | 3 DORMITORIOS | 3 DORMITORIOS ADAPTADA | 4 DORMITORIOS | TOTAL | |
| Nº VIVENDAS | 24 | 20 | 3 | 2 | 48 |
| SUPERFICIE ÚTIL | 71,92 / 62 | 88,09 / 82,76 | 89,18 | 101,86 |
