FERROL
PARCELA 14. O BERTÓN

INVESTIMENTO TOTAL (provisional):
Proxecto
- Licitado: 27/09/2024
- Importe Lic.: 460.617,46 €
- Adxudicado: 29/09/2025
- Importe Adx.: 361.185 €
Traballos técnicos
- Importe Lic.: pendente
- Importe Adx.:
Obra
- Licitado: 10/06/2026
- Importe Lic.: 10.157.691,36 €
- Adxudicado: pendente
- Importe Adx.:
INVESTIMENTO
Xunta: 100%
PROXECTO
UTE Monteoliva Arquitectura, S.L.P. – Fraga y Mantiñán Arquitectos, S.L.P
CONSTRÚE
Pendente de adxudicar
Descripción da obra:
O proxecto ten por obxecto construción dun edificio de 58 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais comerciais na parcela 14 do sector PP-1-R do Bertón, Concello de Ferrol (A Coruña)
A parcela onde se situarán as vivendas de promoción pública (VPP) ten unha superficie aproximada de 1.935,00 metros cadrados.
O edificio proxectado consta dunha planta de soto destinada a garaxes, rochos e locais de instalacións, que ocupa toda a superficie parcela; planta baixa dedicada a soportais de uso público, 6 portais de acceso e locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, cuartos de limpeza, rochos e 4 locais comerciais; e plantas altas para uso vivenda.
A diferente profundidade edificable ao longo da mazá da lugar a un edificio con dous bloques continuos diferenciados en altura (de 4 no bloque lineal orientado ao norte e 5 plantas no bloque en “U” que da ao sur, leste e oeste).
O Bloque en “U” ten 2 portais con 12 vivendas en cada un dos extremos (portais 02 e 05) con vivendas de 1 (só no portal 05), 2 e 3 dormitorios (excepto na planta cuarta onde as de 3 dormitorios adáptanse para persoas con discapacidade e quedan con 2 dormitorios). O bloque en“U” ten outros 2 portais con 8 vivendas cada un na parte central (portais 01 e 06) nos que todas as vivendas contan con 3 dormitorios. En total proxéctanse 2 vivendas para persoas con discapacidade.
O bloque “lineal” ten 2 portais (portais 03 e 04) con 9 vivendas cada un con vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios. Xunto co anterior suman 58 vivendas en total.
Distribución e usos por plantas:
PLANTA SOTO: Destinado a garaxes, rochos e locais de instalacións, que ocupa toda a superficie parcela.
PLANTA BAIXA: Destinada a soportais de uso público, 6 portais de acceso e locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, cuartos de limpeza, rochos e 4 locais comerciais.
PLANTA PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA: Destinadas a 16 vivendas por cada planta (3 vivendas de 1 dormitorio, 5 vivendas de dous dormitorios e 8 vivendas de tres dormitorios en cada unha das plantas).
PLANTA CUARTA: Destinada a 10 vivendas (1 vivenda de un dormitorio, 5 vivendas de dous dormitorios e 4 vivendas de tres dormitorios).
| 1 DORMITORIOS | 2 DORMITORIOS | 2 DORMITORIOS ADAPTADAS | 3 DORMITORIOS | TOTAL | |
| Nº VIVENDAS | 10 | 18 | 2 | 28 | 58 |
| SUPERFICIE ÚTIL | 50,79 – 54,11 | 67,01 – 77,84 | 80,99 | 78,31 – 83,92 |


