PONTEVEDRA

PARCELA 3. UA 15. RÚA AS DEVESAS. (Cedida polo concello)

INVESTIMENTO TOTAL (provisional):

Proxecto

  • Licitado: 30/05/2025
  • Importe Lic.: 123.208,10 €
  • Adxudicado: 13/10/2025
  • Importe Adx.: 99.999,99 €

Traballos técnicos

  • Importe Lic.: pendente
  • Importe Adx.:

Obra

  • Licitado: 25/06/2026
  • Importe Lic.: 2.574.338,10 €
  • Adxudicado:
  • Importe Adx.:

INVESTIMENTO

PROXECTO

CONSTRÚE

A parcela onde se situarán as vivendas de promoción pública (VPP) ten unha superficie de 540 metros cadrados.

O edificio, construirase segundo o proxecto redactado por UTE M Vázquez Fariña-Rodríguez Fontán e adxudicado por 99.999,99 euros, disporá de 13 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e dous locais comerciais contará con soto, planta baixa, tres plantas altas e un baixo cuberta.

A  distribución por plantas é como sigue:

–          Planta soto: 1 rocho e 13 prazas de garaxe.

–          Planta baixa: dous portais de acceso, (en cada portal un armario de auga, un armario de electricidade, recinto de telecomunicacións e local de limpeza), un almacén de residuos, locais de instalacións, reserva centro de transformación e dous locais comerciais.

–          Plantas 1ª a 3ª: 3 vivenda de dous dormitorios (2D) e 1 vivenda de tres dormitorio (3D) en cada planta. 

–          Planta baixo cuberta: 1 vivenda de tres dormitorios (3D) e 12 rochos