Xunta e Concello de Arteixo selan a cesión de solo para construír 14 vivendas públicas no municipio, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 2,7 M€

Xunta e Concello de Arteixo selan a cesión de solo para construír 14 vivendas públicas no municipio, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 2,7 M€

A conselleira subliña que as novas vivendas na rúa Aguceira en Vilarrodís sumaranse ás preto de 3.000 en marcha en Galicia, favorecendo o incremento da oferta de fogares accesibles, o que ademais vai a repercutir no prezo de alugueiro

Agradece a implicación dos concellos que se deben sumar ao reto, e moitos deles xa o están a facer, de construír vivendas públicas, facilitando solo residencial, e que partir do 2026 poderán tamén facer uso da figura dos Proxectos de interese autonómico

Destaca o esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda, con 350 M€ de orzamento para políticas de vivenda, dos que 163 M€ serán destinados á nova construción de VPP

A Xunta porá en marcha no 2026 novas ferramentas para facilitar máis vivendas públicas e accesibles, como por exemplo, o Incremento da edificabilidade en determinados ámbitos ou a posibilidade de construír vivenda en solos dotacionais

Fai fincapé na importancia do PIA da Baiouca–Penouqueira, que permitirá habilitar solo para 160 novas vivendas, o 80 % delas protexidas, que está xa remitido para tramitación ambiental e en período de consultas ata o vindeiro 2 de decembro