A humanización prevista permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores
As intervencións forman parte do Plan Hurbe, programa do Goberno galego para apoiar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas
A Xunta, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, asume o 70 % do orzamento, máis de 165.000 euros, contratará e executará as obras, mentres que o Concello aportará o 30 % restante, máis de 70.000 €